Allá en la Habana, allá en la Habana,
Suceden las mismas cosas, cielito lindo,
que aquí en España.
Habanera
manuelad99@yahoo.com. escribo o correo por si queredes contarlle algunha cousa ou preguntarlla, escríbeme desde Miami pedíndome noticia do seu avó, emigrante en Cuba, e que lle contaba cando era neno vidas, feitos e outras cousas da parroquia de MACENDO. E intenteino.
No rexistro civil do Concello atópase a acta de nacemento: "Manuel Alfredo de Jesús Domínguez y Ruíz, nacido el 14 de agosto de 1877, padres Benito Domínguez López, natural de Albín y Rosa Rodríguez Rodríguez, natural de Covelas.
Indagando máis o Pepe da Moreira de Albín -que pasa dos oitenta anos-, contoume que Manuel Alfredo tivo como irmáns a Alfredo -emigrante a Venezuela-, Benito, David de Tallón, Juanito, José, María e Gumersindo. Cóntame que non volveron da emigración nin el nin Alfredo, tamén me di que posiblemente aínda terra algunha propiedade en Valdaguia e que algunha familia lonxana aínda vive por aquí.
Da emigración a Cuba e Bos Aires, contábanse antes moitas historias:
Das viaxes en barco a vapor ou a vela, cheos de perigos, e que duraban un mes.
A chegada e saída dos barcos de España, co peirao cheo de galegos que mentras soaba a gaita choraban de emoción e tristura.
Do duro traballo nos "ingenios" de azúcre, cortando caña.
A vida dos negros, mulatos, brancos, criadas, señoritos, con misa a distinta hora para cada raza e categoría.
Dos "Mambises" na Guerra de Cuba e os soldados españoles que quedaron alí mortos e vivos.
E outras moitas cousas.
O TIO CONSTANTE DE ALBÍN RETRATOUSE NA HABANA
O emigrante cubano tornaba a España, pasados anos como home rico, facéndose notar polos invites na taberna e ca familia,na fala e sobretodo na vestimenta:
Saco -chaqueta- longo de cor branco ou negro, pantalón a raias, outras veces o conxunto era todo branco. Tamén brancos eran o chaleco, os zapatos e a camisa, esta con "cuello duro" e puños "duros" -que se conseguía con almidón-, xemelgos de ouro, e botóns a veces tamén, un sombreiro branco, o que lle chamaban "pajilla", sortixa con pedra brilante, e tamén algúns dentes de ouro.
A todo isto había que engadirlle o cabelo brilante feito con "brillantina", con raia o medio da testa, bigote teso cas puntas reviradas hacia arriba. Unha cadea de ouro -este metal era sinal de riqueza- cruzaba o chaleco, da que penduraba unha medalla ou moeda tamén de ouro, no extremo amarrada e metida no peto un reloxo tamén de ouro donde se podía ler "Cuervo y Sobrinos. La Habana".
Eran outros tempos e outras maneiras de ver as cousas.
De seguro, que como bo galego, que se encherían os ollos e bagoas a Manuel Alfredo, cando lle contaba o seu neto, baixo o calor do trópico, as historias de Macendo.
COCHES NA HABANA HOXE
FELICES FESTAS DO NADAL E BO ANINOVO PARA TOD@S.
LUIS DE ALBÍN
O domingo, día 20, tiveron lugar as eleccións xerais para o Congreso e o Senado. A nivel nacional o Partido Popular conqueriu a maioría absoluta.
MESA ELECTORAL EN MACENDO
No Concello de Castrelo de Miño, e en particular na parroquia de Macendo, os resultados foron os seguintes
CONCELLO DE CASTRELO:
CENSO 1591, ABSTENCIÓNS 23,3 %
PP 609, PSOE 289, BNG 263, IU 13, UPYD 4, OUTROS 20
Nulos 12, blancos 19.
DOUS VECIÑOS DE MACENDO QUE VIÑAN DE VOTAR
PARROQUIA DE MACENDO
PP 159, PSOE 109, BNG 55, OUTROS 18.
Son de destacar o grande triunfo do PP, que fai lembrar os mellores tempos e a baixada do BNG, con respeto as eleccións municipales.
BLOQUEIROS !ollo o piollo¡, que a cousa non está por andar moito, senon por bos camiños.
LUÍS DE ALBÍN
As vendimas son días de ledicia -sempre que non chova-, pois é a colleita do froito conquerido co traballo de todo o ano.
Este ano comezou cedo, polos días 27 2 28 de agosto. Millóns de quilos entraron nas bodegas con un aumento de uva entre un 20 e un 30% con respecto o ano anterior. E unha uva de calidade e sen enfermidades.
Poucos veciños encuban ás uvas -como non sexa unha pequena parte para consumo propio-, están van para bodegas industriales e cooperativas. Como pasa sempre Consellos, sindicatos, bodegueiros e uotros de mando, non se poñen de acordo, e como sempre o prexudicado é o agricultor, que cobra tarde e mal.
Parece que volve a solicitarse o alicante e o xerez, coa intención de darlle cor e acidez o viño.
NON SÓ DO VIÑO VIVIRON SEMPRE OS VECIÑOS DE CASTRELO.
E con esto, vamos facer un pouco de historia.
Sábese polo testimuño do xeógrafo grego Estrabon, que alá polo século II antes de que nacera Cristo, xa se elaboraba viño no Ribeiro, e que moito máis tarde o Champán galego compitui co francés e o catalán. Polos anos 20 e 30 do século pasado, xa s.e precuraba o Champagne Gulías, anos máis tarde tamén o Champan Galego. A nós o que importa, e o CHAMPAN DE CASTRELO, procurado polas BODEGAS RAMOS.
No ano 1958, no xornal "El pueblo Gallego", aparece o seguinte anuncio: "BEBA CHAMPÁN GALLEGO. La delicia burbujeante de este riquisimo vino achampanado y su perfecta graduación, se obtiene en las bien acondicionadas cavas que, EN CASTRELO DE MIÑO, POSEEN LAS BODEGAS RAMOS....". iNTENTAREI SABER QUE FOI DEL.
Vamos 200 anos atrás, no diccionario de Madoz, podemos ler: "las riberas miñotas de Ourense y Ribadavia y algunos valles abrigados del Sil se hallaban coronados de NARANJOS Y LIMONEROS. E según Manuel Murguía: "en el siglo XVI zarpaban de Pontevedra y Marín hacia Italia, navios con ricos cargamentos de sardina, VINO DEL RIBEIRO, lienzos, encajes y AGRIOS" (laranxas e limóns.
"A INGLATERRA se exportaban vino, AGRIOS del Valle del Salnés, VIÑEDOS DEL RIBEIRO y las campiñas de Pontevedra.
Pero aínda hai máis, pois os OLIVARES ocuparon boas extensións nas zonas temperadas de Galicia. Quedan de entonces moitos topóminos como o barrio da Oliveira en Ribadavia, o Olivar en Puga.
Agora que o troco climático nos favorece neste senso. Pode ter máis importancia económica, poñer plantación de laranxas e limóns e de olivares, e tamén facer champán.
Por iso en Macendo, que está sempre un chanzo por riba co Concello, xa ten en Meizo, unha PLANTACIÓN DE OLIVEIRAS. O propietario, emprendedor e home de moitas luces, é Xosé Lois "Meleiro".
Eu pola miña parte, estou convencendo os veciños de Albín, para que poñan unha plantación de agrios no comunal da FIGADOÑA, outras de OLIVEIRAS no comunal da TRAVESA. O CHAMPÁN, farase la BODEGA DO AURELIO, que ten bocois de carballo dos de antes.
LUIS DE ALBÍN
O Concello de Castrelo parece que tiña a intención de que os veciños e non veciños, que pasamos o mes de agosto por estas terras, non pisemos a praia, e que o gocemos aquí. As actividades que montou este verán foron tantas, que aínda que quixeramos a sistir a todas, non sería doado.
Unha Escola de Teatro, que ven traballando desde fai algún tempo no pobo de Prado, representou no campo do Canadeiro o sainete "Os desvelos da Martiña". Pasamolo ben vendo o esforzo e habilidades deste grupo de veciños afecionados, ós que hai que dar moitos parabéns. O que escribe lembroulle os anos, en que o grupo de teatro, do que formaba parte, metiamos entre peito e espalda un bos grolos de licor para ter "valor" para sair o escenario. Temos que animarnos os veciños de Macendo a entrar nesta Escola de Teatro, pois é para todos. Non debería ter problemas , pois por aquí hai moito "teatrero".
Nas festas de agosto, a pesares da "crise", os mordomos fixeron un gran esforzo para mantelas dende o día 12 ata o 16. Como o pobo de Señorín, a quen lle tocaba a quenda, non poido lévala xa que quedan poucos veciños, levouna a Asociación Parroquial.
Os primeiros días tiveron como novidade unha "discoteca mobil", da que disfrutaron a mocidade da Parroquia e a que veu dafora.
Os aficionados a boa música emocionámonos escoitando a BANDA DE MÚSICA DE ARCADE, con esa paixón que poñen os músicos das vilas mariñeiras.
Tivo lugar tamén a "IV Cea do Xarrete e Xerrote", tan abundante en carnes , que algúns acabamos tomando unha manzanilla.
A FESTA RELIXIOSA, celebróuse como tódolos anos con gran concurrencia de xente: novena, misas, procesións
Logo pola noite, a obrigada visita ó Campo do Canadeiro, para escoitar as orquestras e falar con tódalas xentes, sobre todo con que veñen de afora, coa intención de visita-las familias, amigos e disfrutar das festas
LUIS DE ALBÍN.
LA PIZARRA DE XIZ
O xornal "La Voz de Galicia", levou a cabo un concurso escolar entre os colexios da Cominudade Galega, e nel participou o CEIP CASTRELO DE MIÑO, que ten o edificio escolar no pobo de Astariz.
Dous rapaces representaron o Colexio, Ismael Rodríguez e Lucas Hermida, un deles veciño da Parroquia de Macendo. Chegaron ata o final provincial.
Boa parte dos veciños e veciñas do Concello, seguiron pola televisión ás competicións escolares. A importancia foi tal, que ata os candidatos dos partidos políticos, na campaña electoral pasada, nomearon as fazaña dos nosos rapaces.
Noraboa a Ismael e Lucas. Os profesores e profesoras, pois eu ben sei, que insinar e educar non é traballo de días, senon de anos.
SAN ANTONIO EN ALBIN
Non me gusta escribir sobre tantas festas-parece que non facemos outras cousas-, pero pedíumo algún que outro, e vamos a facer un comentario.
Houbo tres días de festa con misas, bailes, cánticos e comidas, o cal foi posible pola colaboración xdenerosa dos membros da Asociación e tamén de algúns outros.
OS DE PRADO, VIÑERON A FESTA
Venerando encargouse de contratar a música, Pepe da Xosefa dos foguetes e da "vinoteca", Pepe da Mª Xesús da pulpeira e das contas, Aurelio axudando e levando a "licorteca", e todos eles tamén montando o complicado "taloxo" ou comedor e servindo as mesas.
OS TRABALLADORESCOMERON A HORA DA MERENDA.
As mulleres -Xosefa, Mª Xesús, Alicia, Rosa, Marisa e outras- moi organizadas, como nuha fábrica, arranxaron comidas, postres, cafés e máis. O Presidente cargou ca CRUZ... na procesión.
UN MAGO NO CANADEIRO
Dentro do programa OS CAMIÑOS DA CULTURA, un MAGO, entretívonos co seu espectáculo, a tardiña do sábado, mostrando os seus xogos e habilidades.
Aquí o que toca non é CAL SENÓN AREA, porque aquilo deixou moito que desexar. Un escenario-si se pode chamar así-, posto apresa e mal, un son que non funcionaba, sen luz, algunhas cadeiras por alí colocadas e como público un grupo de nenos, algúns pais e nais e un par de despistados que por alí pasabamos.
As cousas hai que facelas ben, ou non sei si é mellor non facelas. E con esto non trato de botarlle as culpa o Concello, que fixo o esforzo de traer o espectáculo, senon as "autoridades" de Macendo: teñen que dar unha boa información nos pobos, animar a xente, o Canadeiro debe estar cheo, a organizacióm perfecta... Non sei para que temos unha "Asociación de Veciños" en Macendo.
O que poido ser unha NOITE MÁXICA, QUEDOU NUN HUMILDE ESPECTÁCULO.
Quedanos a pequena satisfacción de que os nenos pasaronno ben. Nestes asuntos, conformánse con pouco.
LUIS DE ALBIN
O resultado na parroquia de Macendo foi así:
BNG 190 votos, PP 136, PSOE 48 e ICM 13
No Concello
Partido -votos-concelleiros-porcentaxe
BNG: 746-5-52,03%
PP: 379-2-26,84%
ICM: 143-1-10,13%
PSOE: 138-1-9,87%.
Con estes resultados, o BNG consigue 5 concelleiros de un total de 9, maioría absoluta, podendo levar a bo fin os proxectos, sen ter que contar cos partidos da oposición.
Estes resultados débense: o bo goberno durante a lexislatura pasada, bo plantexamento da campaña electoral -os callos estaban quentiños-, pero tamén a que os partidos do PP e o PSOE, contan con xente nova, que está renovando as estructuras dos mesmos e por tanto non estan consolidados.
Parece, como si unha grande vasoira pasara polas organizacións destes Partidos, varrendo das organizacións tódolos vellos afiliados e simpatizantes que formaron durante anos as listas electorales.
Os de agora -de tódolos partidos- son, en boa parte, xente nova, filos de emigrantes en Europa e América, que viviron a ruína das colleitas polo granizo, o peche do río Miño polo embalse, socios da Bodega Cooperativa, na que a colleita tarde se cobraba.
Son unha nova xeración de mocedade con estudios: informáticos, administrativos, veterinarios, avogados, farmacéutifos, empresarios, diplomados..., que non necesariamente viven o longo do ano en Castrelo.
O goberno do BNG, ten a obriga de escoitalos a todos, pois todos son veciños de Castrelo.
LUIS DE ALBIN
Para o día 22, está sinalada esta data, para que os veciños de Castrelo de Miño, depositen as papeletas, có fin de elexir á nova Corporación, formada por nove concelleiros, por un período de catro anos.
A disputa está centrada entre catro candidaturas:
Bloque Nacionalista Galego, encabezada polo actual alcalde Xurxo G. Méndez, veciño de Prado.
Partido Popular, polo veciño de Oleiros, Alexandre Marínez Sánchez
O Partido Socialista por Oscar Martínez de Fondodevila,
E o Partido dos Independentes.
TODA A INFORMACIÓN SOBRE O PP DE CASTRELO, NESTA REVISTA Nº 4 DAS NXCASTRELO.
A disputa pola alcaldía parece centrarse en dous partidos, o BNG -aspiran a conquerir a maioría absoluta-, e o PP, que aspira a reconquistar a alcaldía, despois de habela tido moitos anos.
A campaña electoral está superando, con moito, en intensidade, con respecto a convocatorias anteriores. Carteles de tódolos partidos enchen postes e paredes dos pobos da parroquia. A entrega de falletos e visitas ós veciños faise máis veces que nunca.
O PARAUGAS É POR SI CHOVEN OS VOTOS.
Os mitíns non paran, que eu saiba, van tres polo BNG, dous polo PSOE, un polo PP, que trae toda a "artillería".
O BNG, anuncia unha festa-despedida de campaña.
MITIN DO BNG, NO CAMPO DA FESTA DE MACENDO
Polos comentarios dos veciños, con quen eu falo, as concellerías poderían distribuirse da seguinte maneira:
BNG 3-4, PP 3, PSOE 1-2, ICM 0-1.
QUE GAÑEN OS QUE NOS GOBERNEN MELLOR.
AS AVOAS DE MACENDO
Quen non deben faltar a depositar o voto, son as mulleres da Parroquia -non sei si hai algún home-, que pasan dos cen anos ¡E QUE CUMPRAN MOITOS MÁIS¡. Saladina López Gómez, veciña de Ramiras, e Josefina Méndez Alberte, veciña de San Pedro.
LUIS DE ALBÍN.
O pasado sábado día 30, tivo lugar a presentación `para as eleccións municipais, da candidatura polo Partido Socialista. Non poiden asistir, para dedicarlle unhas liñas neste blog, o cal sinto, tendo en conta tamén que se presenta para alcalde Oscar, un bo veciño da Parroquia de Macendo. Estamos a disposición.
O que acudín, o domingo pola tarde, foi a presentación da candidatura por parte de BNG, nun local escollido con acerto, o Centro Social en Vide, posiblemente o obra máis considerada por parte dos veciños do Concello. A asistencia de público foi numerosa.
O deputado Suarez Canal, foi o primeiro en tomar a palabra, dedicando boa parte do tempo, a facer crítica do actual Goberno da Xunta: as eólicas, o mundo rural, a sanidade, o paro...
Tomou a palabra a continuación o alcalde Xurxo, o cal foi dertallando os logros do Concello nos últimos anos: actividades sociais e culturais, club naútico, inversións, centro social e outras. A intención e conquerir nestas eleccións a maioría absoluta.
Por último presentou os compoñentes da súa candidatura, na que por certo hai tres mulleres da Parroquia de Macendo. A cousa rematou cuns "pinchos".
Dentro das promesas está a de constriur unha nova CARRETERA PARA MACENDO..."xa que nesta parroquia vive unha tereceira parte da poboación do concello"... Os "inxenieiros", xa teñen feito o trazado: Troncoso, Freás, a Cancela, Souto de Macendo, Albín, Casardeita... Cartelle
Un saúdo
LUIS DE ALBÏN.
A mañá, as once, no fixo falta madrugar, tivemos a misa e bendición de ramos. Foi un día de sol. Todos chegamos contentos o adro, co noso ramiño de loureiro, e alí diante da porta principal da igrexa parroquial, D. Delmiro botóunos a bendición. Logo tivemos a misa.
Pasámolo ben, i eso que os veciños lembran tempos de antes, en que viñan con grandes ramos adornados con frores, que eran colocados o redor do altar, no chan. Os que se lucían por ser os máis grandes, eran os veciños do pobo de Ramiras. Había procesión ata o cruceiro, que agora non pode ser, pois o cura ten que atender varias parroquias.
O rematar a misa pasamos o pendello, que está a saída do adro, onde fai anos se puxaban os lacóns, pola festa do S. Antonio. Alí os do Concello invitáronnos a uns ¡Pinchos¡ compostos por cola-cao, leite, manteiga, pan, refrescos... auga...,
Pero había ¡Trampa¡, así son os políticos. A intención, con eso que se traen as mulleres da igualdade, era ver os homes con maldil posto, por eso a superconcelleira Rita, non dudou en darnos mandiles a feixes. E puxémolos diante de tódalas presentes. Non o crían. Pasámolo ben e todo foi broma.
A tarde, a partir das cinco e media, celebróuse o derradeiro partido de futbol desta tempada. Foi contra o D. Loureiro, rematou como empezou, con empate. O Castrelo CF., tivo este ano unha tempada millor e queda pola mitade da taboa.
DE CANDO EN VEZ, VALE A PENA PASAR O FIN DE DEMANA EN MACENDO.
UN SAÚDO
LUIS DE ALBÍN.

Os do Concello queren matar dous paxaros dun tiro.
Foi distribuido os veciños, días atrás, un libro con tofografías a tado cor, informando de todo o que fixo perante o mando da actual corporación, é como estamos nas vísperas das eleccións municipais, véselle a primeira ou segunda intención.
O contido do libro, divídese en varios apartados: información municipal,turismo, benestar, obras e infraestructuras, cultura, emprego, formación e deporte. Coido que non se lle esqueceu nada.
Por comentar algún apartado, farei mención do titulado MEMORIA DE CASTRELO, polo interés especial para os veciños que viven fora, e que viven tamén das lembranzas. Para poder ver tódalas fotografías debedes de entrar en www.memoriadecastrelo.org
Tamén quero comentar un recadro que aparece no xornal "La Voz de Galicia", dando coñecemento dos concellos máis aforradores de Galicia. O de Castrelo quédalle no caixón a cantidade de 1.114.234 Euros. Se queren gastalos, dóulle o meu parecer:
FACER UNHA ENTRADA DE COCHES, PARA AS VIVENDAS DOS VECIÑOS DA MOREIRA DE ALBÍN
EMPEDRAR A AIRA DE ALBÍN, TAL COMO ESTIVO NOS MELLORES TEMPOS.
REPARAR O CHAN E AS PAREDES DA CAPELA DE SAN ANTONIO DE ALBÍN, QUE TEN O RETÁBULO MÁIS ANTIGO DO CONCELLO.
Como feito todo esto aínda va sobrar cartos, darlle unha axuda o Presidente Zapatero, para que non teña que ir pedirllos os chinos.
LUIS DE ALBÍN.